Linkterpreting dávos a benvida!
Linkterpreting é unha plataforma de recursos para a interpretación de enlace destinada a intérpretes en formación ou en activo, a persoal docente formador de intérpretes e a calquera persoa interesada.
Trátase dun proxecto aberto e dinámico xurdido no seo do grupo de investigación BiFeGa e do Grupo de Innovación Docente Linkterpreting. Enseñar desde los derechos humanos da Universidade de Vigo e dirixido pola Dra. Maribel del Pozo Triviño, que combina tanto conceptos e fundamentos teóricos como exercicios prácticos e materiais didácticos.
Na barra superior azul desta páxina encontraredes:
- información teórica sobre a interpretación (definición, historia, técnicas, modalidades, bibliografía e outros recursos);
- exercicios previos á interpretación (axilidade mental, bidireccionalidade, clozing, concentración e división da atención, contextualización numérica, definicións, improvisación, memoria e imaxe mental, paráfrase e simplificación, reactivación léxica e semántica, reformulación e rexistro, toma de notas e voz e respiración);
- información sobre a formación en interpretación;
- enlaces de interese a blogs, páxinas web de organizacións e institucións, publicacións, recursos terminolóxicos e documentais e webs de redes, grupos e asociacións;
- información sobre autores e autoras;
- contacto;
- selección de idioma (español, inglés, galego e italiano)
Na barra principal podedes ver que a páxina se divide en seis bloques dos que cinco se corresponden cos grandes ámbitos da interpretación nos servizos públicos: o ámbito social, o ámbito sanitario, o ámbito xudicial, o ámbito policial e o ámbito dos negocios. Cada un destes bloques contén:
- información teórica sobre cada un dos ámbitos;
- roleplays (texto e vídeo) para realizar exercicios de interpretación de enlace;
- documentos relacionados cos distintos ámbitos.
No sexto bloque, “outras combinacións lingüísticas”, introduciuse material práctico noutras combinacións lingüísticas (neerlandés e lingua de signos española).
Linkterpreting é froito do traballo de Elena Armas López, Guillermo Rosales González, Rut Guinarte Mencía, Kerri Murphy, Manuela María Pequeño Leis, Carlota Acosta Rodríguez, Raquel Ferrón Martínez, Manuel Folgueira Anllo, Daniel Alonso Lorenzo, Ana Iglesias Pérez e Beatriz Longa Alonso, alumnas e exalumnas de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo, dirixidos pola Dra. Maribel del Pozo Triviño. Gustaríanos dende aquí agradecerlles a todas as nosas compañeiras e compañeiros da Licenciatura en Tradución e Interpretación e do Grao en Tradución e Interpretación o seu apoio e a súa axuda indispensables na recompilación e na creación de material. Tamén queremos darlle as grazas a Elisa Gómez López, docente da Universidade de Vigo que nos facilitou material e consellos, ademais de brindarnos en todo momento o seu apoio e a súa experiencia.
Finalmente, agradecemos tamén a Ana María Pérez Fernández, profesora da Escola Superior de Mediación Lingüística CIELS de Bolonia (Italia), por ser a responsable da creación da versión en italiano desta plataforma, en colaboración con Chiara Bartoli, Lisa Andreoli, Denise Pancaldi, Sabrina Fiengo e outras persoas. E a Ana Moreno Bruna, July de Wilde e Louise Deriemaeker da Universidade de Gante (Bélxica) por adaptar parte do material práctico ó neerlandés.
Dito isto, animámosvos a explorar a nosa web. Esperamos que vos guste!
O noso impacto no mundo:
Se utilizas Linkterpreting en calquera lugar do mundo, envíanos un correo a linkterpreting@uvigo.es cos datos da túa institución e mais o programa no que o empregas! Fai clic aquí para consultar a lista completa de institucións.
Outras webs do equipo con recursos para á interpretación de enlace: