Tradución á vista

(c) Pontus EdenbergA tradución á vista podería definirse como a lectura dun texto no idioma orixe por parte de quen interpreta e o seu traslado simultáneo á lingua meta, de maneira que a súa audiencia poida comprender o contido do documento.

Pese a non tratarse dunha técnica moi empregada nin documentada nos manuais dispoñibles sobre interpretación, hoxe en día é frecuente o seu emprego en eidos como os tribunais, en casos como a lectura da declaración realizada por unha testemuña ou dunha sentenza xudicial.

A tradución á vista adoita considerarse o paso previo á práctica da interpretación simultánea. No menú de exercicios previos propoñémosvos diversos exercicios para comezar a practicar estas técnicas, como é o caso do clozing ou a reformulación.

Facebook
Twitter
YouTube
Instagram