Chuchotage

(c) Raimond Spekking / CC-BY-SA-3.0 (via Wikimedia Commons)chuchotage, interpretación bisbada ou, incluso, susotaxe, é unha técnica que se engloba dentro da interpretación simultánea. Trátase dunha interpretación simultánea en voz baixa, vertida directamente ao ouvido da persoa receptora. Para iso, quen interpreta sitúase á súa beira, lixeiramente detrás desta, e vaille bisbando a interpretación do discurso orixinal.

Esta técnica adoita empregarse cando o medio no que se realiza a interpretación fai imposible o uso da tecnoloxía ou no caso de que soamente haxa unha ou dúas persoas receptoras da interpretación.

A persoa que interpreta vese fronte á incomodidade dunha posición pouco ergonómica (inclinado cara quen recibe), así como a dificultade de concentrarse en condicións non moi favorables, que inclúen ruídos, superposición de voces e distraccións, mentres coida de adecuar a súa postura e o ton da súa voz para non molestar nin á persoa receptora nin ás outras que estean ao seu redor e non precisen interpretación.

Facebook
Twitter
YouTube
Instagram