A memoria, tanto a curto coma a longo prazo, será unha das capacidades cruciais para desenvolver a práctica interpretativa, pois dela dependerá, en gran medida, a reformulación que no proceso de interpretación se faga do discurso orixinal, calquera que sexa a técnica en que estea traballando. Polo tanto, co fin de potenciar a memoria, propoñemos unha serie de exercicios relacionados con esta capacidade.
Para realizar estes exercicios é importante ter en conta a importancia da imaxe mental. Así, pode comprobarse que a dificultade de lembrar termos que se refiren a obxectos concretos é practicamente nula se se recorre a esta técnica (a pesar de que aumenta proporcionalmente á lonxitude da lista), mentres que, ao tratar con termos abstractos, cifras ou nomes propios, a imposibilidade de recorrer á imaxe mental dificulta enormemente a tarefa.
Ha de notarse, non obstante, que entran en xogo outros factores, como o coñecemento cultural, indispensable para quen realiza a interpretación, e que, neste caso, axuda a recoñecer e reter termos a priori imposibles de asociar (como nomes propios ou datas).
Exercicio 1. Preme aquí para descargar. [ES]
Exercicio 2. Preme aquí para descargar. [ES]
Exercicio 3. Preme aquí para descargar. [ES]
Exercicio 4. Preme aquí para descargar. [ES]
Exercicio 5. Preme aquí para descargar. [ES]
Exercicio 6. Preme aquí para descargar. [EN]
Exercicio 7. Preme aquí para descargar. [EN]
Exercicio 8. Preme aquí para descargar. [EN]
Exercicio 9. Preme aquí para descargar. [EN]