Contextualización numérica

Estas actividades contribúen a desenvolver o esforzo de análise e escoita. Falamos da denominada «intelectualización de expresións numéricas». Consideramos, a priori, que é un exercicio extremadamente complexo, xa que, nunha interpretación, é complicado reproducir de forma exacta datos como datas, porcentaxes, medidas e outras expresións numéricas. Este tipo de termos son unívocos; non admiten en ningún caso, xa que logo, sinonimia ou reestruturación. Pola dificultade que supón memorizalos, quen interpreta debe reproducilos inmediatamente ou apuntalos en canto aparezan no discurso.

Con todo, cando isto non é posible, o único medio ao que podemos recorrer é a unha contextualización da expresión numérica, é dicir, a substitución da cifra por unha reformulación que represente correctamente a súa magnitude e relevancia, mais que podamos lembrar con máis facilidade para seguir interpretando coa maior fluidez e rapidez posible. Por exemplo, no caso de cifras como 7 852 258, diriamos «case oito millóns»; para datas como 1789, simplificariamos con «no século XVIII».

Exercicio 1. Preme aquí para descargar. [ES]

Exercicio 2. Preme aquí para descargar. [ES]

Exercicio 3. Preme aquí para descargar. [EN]

Exercicio 4. Preme aquí para descargar. [EN]

Exercicio 5. Preme aquí para descargar. [EN]

Exercicio 6. Preme aquí para descargar. [ES]

Facebook
Twitter
YouTube
Instagram