Toma de notas
A toma de notas é unha das destrezas máis importantes que debe ter alguén que interprete de xeito consecutivo ou de enlace.
A toma de notas consiste en anotar as ideas e os conectores clave do discurso, de xeito que estas notas sirvan de apoio á memoria á hora de reproducir o discurso de novo. É importante salientar que quen realiza a interpretación debería anotar ideas ou conceptos, e non palabras, e que as notas deberían servir de detonantes da memoria, mais nunca substituír á mesma. Por iso, quen interpreta non debería adicar un esforzo desmesurado a tratar de anotar o discurso completo, senón aqueles puntos clave que lle axuden a reformulalo ou aquelas ideas que precise anotar para lembrar.
Se ben o máis común é que cada intérprete desenvolva o seu propio sistema de toma de notas en función da súa experiencia e necesidades, existen certos principios comúns que, en xeral, resultan de utilidade á hora de tomar notas de forma eficiente, así coma certos símbolos que adoitan ser de uso recorrente.
Os sete principios de Rozan
Ver A transposición da idea antes ca a palabra
A transposición da idea antes ca a palabra
O sentido é máis importante ca as palabras. Ao interpretar debería transvasarse o sentido do discurso, independentemente de que se empreguen idénticas palabras ás de quen ora. Por iso, á hora de tomar notas, deberían terse en conta non tanto as palabras con que se vehicula o discurso, senón as ideas que este pretende transmitir. Isto adoita facerse recorrendo a símbolos e abreviacións que quen interpreta debe memorizar e automatizar previamente. Con todo, cabe ter en conta que o proceso de lectura das notas non debería converterse nun proceso de descifrado, polo que tampouco se debe abusar do emprego de símbolos.
Ver As regras de abreviación
As regras de abreviación
As palabras longas deben abreviarse, preferentemente tomando delas non só letras do comezo, senón tamén do final, para evitar confusións con palabras parellas mais con terminacións diferentes.
Así mesmo, deben indicarse nas abreviaturas aspectos como o xénero e os tempos verbais; isto pode facerse con pequenos sufixos e desinencias ao final da forma abreviada da palabra, escritos en voladita.
Dado que, como se menciona más arriba, o sentido ha de primar sobre a forma, tamén debería abreviarse o estilo, polo que nas notas deben substituírse os circunloquios por palabras máis breves.
Ver Os encadeamentos
Os encadeamentos
Os encadeamentos axudan en gran medida a reformular as ideas. Para iso, proponse o emprego de conectores breves para transmitir as nocións de causa, consecuencia, concesión, adversativas, condición, conclusión etc.
O encadeamento tamén pode facer referencia á propia materia do discurso, a través da utilización de frechas que remitan a ideas ou partes anteriores.
Ver A negación
A negación
Pódese indicar mediante un trazo oblicuo que tacha a palabra ou ben coa introdución do adverbio «non» ante a palabra ou símbolo que corresponda.
Ver A acentuación
A acentuación
Sulíñase a palabra unha ou dúas veces para indicar a súa importancia. Para atenuala, emprégase unha liña de puntos.
Ver A verticalidad
A verticalidade
As notas deben tomarse ao longo da folla e non ao ancho, porque iso permite, por unha banda, sintetizar mellor as ideas e a relación lóxica que se establece entre elas e, por outra banda, suprimir moitos encadeamentos innecesarios.
Este principio permitirá, ademais, recuperar dunha ollada todas as ideas do discurso, o que resultará nunha interpretación máis elegante.
Cada intérprete pódese «autobrigar» a recorrer a este principio empregando follas longas e estreitas, ou ben dividindo a folla en dúas partes e escribindo nelas coma se de follas independentes se tratase.
Ver O décalage
O décalage
O décalage, neste caso, consiste en escribir as notas da liña inferior no mesmo lugar que ocuparían se se repetise nesa liña o texto da liña superior.
Símbolos principais
En canto aos símbolos, Rozan propón vinte símbolos principais que deberían contribuír a unha toma de notas eficiente. Non obstante, quen interpreta pode ter xa interiorizados máis ou menos símbolos e pode empregalos en distintos contextos e mesmo darlles diferentes significados en función do discurso do que se trate. Por iso, propoñemos unha lista non exhaustiva dalgúns símbolos, referentes a conceptos, que utilizamos adoito e que nos resultaron operativos na práctica da toma de notas ao longo do tempo. Esta lista é meramente orientativa, pois cabe lembrar que cada intérprete debe desenvolver o seu propio sistema de toma de notas, que lle resulte eficaz e cómodo á hora de traballar.
Cómpre recalcar, ademais, que a lectura de notas non debe converterse nun proceso de descifrado a causa da profusión de símbolos. O traballo duro, o de procesamento e análise do discurso, debe estar concluso xa ao comezar a lectura das notas.
Ver táboa de símbolos
 |
Pensamento, opinión, crenza, pensar, opinar, crer |
 |
Inicio, xeración, principio, nacemento |
 |
Fala, falar, dicir, comentar |
 |
Coñecer, saber |
 |
Discusión, discutir, tratar |
 |
Querer, desexar, esperar, gustar |
 |
Alianza, trato, pacto, unión |
 |
Política |
 |
Hoxe, agora, neste momento, aquí |
 |
Economía, cartos, euro, orzamento, prezo |
 |
Ecoloxía, natureza, medio ambiente |
 |
Economía, dólar, prezo, orzamento, cartos |
 |
Aumentar, medrar, subir, mellorar |
 |
Enerxía, electricidade |
 |
Diminuír, baixar, decrecer, empeorar, descender |
 |
Tempo, hora |
 |
Progreso, cambio, desenvolvemento |
 |
Persoa, habitante, poboación |
 |
País, nación |
 |
Home |
 |
Internacional |
 |
Muller |
 |
País en vías de desenvolvemento |
 |
Mundo |
 |
Igual, igualdade, correspondencia |
 |
Desigual, desigualdade, oposición |