Relé

O termo relé é unha adaptación fonética ao galego da voz francesa relais, palabra que no eido das telecomunicacións significa repetidor, o cal nos dá xa unha pista sobre esta subtécnica.

Quen interprete realizando relé debe ter en conta que os posibles fallos que poida cometer se engadirán aos do discurso reformulado pola persoa que o interprete primeiro, polo que o resultado sería unha reformulación de calidade inferior. Así, deberá confiar en que quen interprete o discurso orixinal captase todas as ideas e fixese un traballo axeitado, pois non ten medios de acceder ao que está a dicir quen ora senón a través do seu compañeiro ou compañeira. Por outra banda, tamén é certo que se beneficiará do feito de non ter que superar as dificultades idiomáticas que presente o discurso orixinal, pois estas xa estarán resoltas na primeira versión. A interpretación de relé realízase cando a persoa que interpreta non escoita directamente o discurso orixinal, senón o discurso que está producindo outra cabina; é dicir, escoita outra interpretación. Isto acontece cando a combinación de idiomas do persoal encargado da interpretación non se axusta á das persoas oradoras ou á do público, algo que pode acontecer en grandes conferencias e reunións internacionais. A pesar de que hai autoras e autores que se refiren a esta técnica como “último recurso”, o seu uso non é tan infrecuente como puidera semellar.

Relé