Chuchotage

(c) Raimond Spekking / CC-BY-SA-3.0 (via Wikimedia Commons)chuchotage, interpretación bisbada ou, incluso, susotaxe, é unha técnica que se engloba dentro da interpretación simultánea. Trátase dunha interpretación simultánea en voz baixa, vertida directamente ao ouvido da persoa receptora. Para iso, quen interpreta se sitúa á súa beira, lixeiramente por detrás desta, e lle vai bisbando a interpretación do discurso orixinal.

Esta técnica adoita empregarse cando o medio no que se realiza a interpretación fai imposible o uso da tecnoloxía, ou en caso de que soamente haxa unha ou dúas persoas receptoras da interpretación.

O/a intérprete vese fronte á incomodidade dunha posición pouco ergonómica (inclinado cara quen recibe), así coma a dificultade de concentrarse en condiciones non moi favorables, que inclúen ruídos, superposición de voces e distraccións, mentres coida de adecuar a súa postura e o ton da súa voz para non molestar nin á persoa receptora nin a outras que lle rodeen e non precisen interpretación.