Técnicas

(c) WordRidden

Entendemos por técnica a maneira de levar a cabo a actividade interpretativa, isto é, o diferente modo de interpretar: de modo consecutivo, de modo simultáneo ou de modo bilateral. As técnicas diferéncianse, basicamente, polos procesos ou operacións mentais que interveñen durante a actividade interpretativa.

Así, cando falamos de técnicas, referímonos á interpretación consecutiva, á interpretación simultánea (e aos seus derivados) e á interpretación de enlace ou bilateral.

Facebook
Twitter
YouTube
Instagram