Roleplays

Roleplay interpretación sanitaria 1

Chega un turista a Vigo e, como se atopa mal, vai a urxencias do hospital de Povisa. Entra e alí ninguén o entende, polo que as enfermeiras chaman un taxista que utilizan como intérprete. O turista manifesta que ten unha constipation, e o taxista dilles ás enfermeiras que está constipado, así que estas recoméndanlle que tome Paracetamol, dinlle que non é grave e que alí non o poden atender máis porque é un hospital privado. Aos tres días, o turista segue atopándose mal, así que vai ás urxencias dun hospital público.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación sanitaria número 1.

Roleplay interpretación sanitaria 2

Unha paciente de fala hispana acode a unha consulta médica nun hospital de Londres. Alí aténdea un doutor con acento filipino. A entrevista trata dunha dor de estómago que a paciente padece dende hai varios meses: trataranse os síntomas, as probas pertinentes, os tratamentos, etc.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 2.

Roleplay interpretación sanitaria 3

Esta entrevista consiste nunha conversación na que unha paciente lle describe ao médico a dor que sente no pescozo.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 3.

Roleplay interpretación sanitaria 4

Yordanka é unha moza de orixe eslovaca que está de Erasmus en Vigo. Nunha festa que realizan a finais de decembro, déitase cun mozo e mantén unha relación sexual sen protección. Como lle dá vergoña, pídelle ao seu amigo Matej, tamén de orixe eslovaca, que acuda ao centro hospitalario máis próximo para conseguirlle a pílula poscoital.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 4.

Roleplay interpretación sanitaria 5

Unha muller española afincada no Reino Unido non se atopa ben, polo que acode ao médico de cabeceira.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 5.

Roleplay interpretación sanitaria 6

Un irlandés que vive en España presenta unha irritación nun ollo e acode ao oftalmólogo.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 6.

Roleplay interpretación sanitaria 7

Unha muller inglesa chega á consulta dun médico nun hospital de España. A muller quéixase de dores no estómago e, guiándose polos síntomas, o médico diagnostícalle unha enfermidade no fígado e achégalle toda a información necesaria sobre a mesma para que a paciente saiba a que se enfronta.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 7.

Roleplay interpretación sanitaria 8

Unha moza alemá que está de Erasmus en Vigo decide ir ao médico porque se sente mal e ten dificultades para respirar.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 8.

Roleplay interpretación sanitaria 9

Un home de orixe galesa atópase de vacacións na Coruña e acode ao servizo de urxencias con vómitos, molestias no abdome e diarrea.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 9.

Roleplay interpretación sanitaria 10

Anja Webber é alemá e leva dúas semanas de vacacións en España. Decide acudir á doutora Carbajales porque, polos seus síntomas, cre que pode estar embarazada.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 10.

Roleplay interpretación sanitaria 11

Unha inmigrante nixeriana vítima de violencia de xénero entra moi nerviosa na consulta dunha médica.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 11.

Roleplay interpretación sanitaria 12

Unha turista estadounidense está de vacacións en Santiago de Compostela. Como leva varios días con síntomas como caída de pelo, sensibilidade ao sol, tumefacción articular, etc., decidiu acudir ao médico para saber cal é o seu problema.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 12.

Roleplay interpretación sanitaria 13

Unha muller de nacionalidade brasileira acode a urxencias cunha nena da mesma nacionalidade que leva varios días sufrindo unhas dores insoportables e fana pasar á consulta da médica. Ao principio, a muller, que non fala inglés á perfección, non admite ser súa nai por medo, pero acaba recoñecendo que o é cando a doutora menciona os Servizos Sociais.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 13.

Roleplay interpretación sanitaria 14

Unha turista británica preséntase en urxencias con síntomas semellantes aos da gripe. Despois dunha consulta coa doutora e algunhas probas, esta chega á conclusión de que a paciente contraeu a malaria.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 14.

Roleplay interpretación sanitaria 15

Un estudante Erasmus inglés acode a unha consulta no Servizo de Alerxia en Vigo tras sufrir unha reacción alérxica grave por unha picadura de avespa asiática.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 15.

Roleplay interpretación sanitaria 16

Eleanor Osbourne é unha estudante Erasmus inglesa que acode a urxencias por unha dor aguda e constante no estómago. Posteriormente, a doutora Pazos faille unha serie de preguntas para saber de que padece.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 16.

Roleplay interpretación sanitaria 17

Un turista inglés chamado Charles Davis chega á consulta médica dun hospital de Vigo queixándose de dores abdominais e de vómitos. Segundo os síntomas que presenta, a médica Teresa Rodríguez González diagnostícalle una intoxicación alimentaria.

Preme aquí para ver o roleplay de interpretación sanitaria número 17.