Roleplays

Roleplay interpretación policial 1

Denuncia nunha comisaría en Santiago.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 1

Roleplay interpretación policial 2

Intervención policial nun domicilio particular debido a unha denuncia interposta por unha muller por mor dun delito de violencia de xénero.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 2.

Roleplay interpretación policial 3

Tres policías municipais derruban a porta dunha casa situada nun barrio hispano de California. No interior do edificio hai un home hispano apuntándolle a un home e unha muller cunha pistola.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 3.

Roleplay interpretación policial 4

Adanya Eze é unha inmigrante ilegal procedente de Senegal. En España, métese en problemas cando a atopan na escena dun crime. Os veciños da zona, alarmados, chaman á policía ao atopala alí e, xa en comisaría, a inspectora Sandra Martínez faise cargo do seu interrogatorio.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 4.

Roleplay interpretación policial 5

Unha turista irlandesa vai á comisaría de policía a presentar unha denuncia porque lle roubaron a mochila nada máis aterrar en España.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 5.

Roleplay interpretación policial 6

Un turista de nacionalidade británica de 25 anos é detido por agredir a un mozo á saída dunha discoteca en Eivissa. Pasa a noite no calabozo e á mañá seguinte a inspectora Gutiérrez tómalle declaración.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 6.

Roleplay interpretación policial 7

Georgina Miller, unha turista inglesa, é detida tras ser acusada de agredir a unha moza pola rúa a noite do xoves en Magaluf. Na comisaría, a inspectora Flores sométea a un interrogatorio.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 7.

Roleplay interpretación policial 8

Xia Liu é unha muller chinesa que se atopaba de vacacións facendo turismo por Santiago de Compostela. Mentres paseaba pola rúa, alguén lle roubou o bolso con toda a documentación que levaba no seu interior, así que acode á comisaría máis próxima para denunciar o furto.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 8.

Roleplay interpretación policial 9

O turista ruso Roman Isanov acode á comisaría de policía para presentar unha denuncia, xa que cando se dispoñía a saír dunha discoteca deuse conta de que a súa chaqueta desaparecera.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 9.

Roleplay interpretación policial 10

Unha turista estranxeira, Maisie Crichton, é detida despois de causar un accidente de tráfico nunha zona urbana da Coruña. A acusada presentaba claros signos de embriaguez. A axente de policía, Raquel Iglesias, tómalle declaración sobre os feitos. Acúsana dun delito contra a seguridade vial.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 10.

Roleplay interpretación policial 11

A axente de policía Sara González interroga a Peter Scott para tomarlle declaración sobre o ocurrido a noite anterior cando o seu amigo, co que estaba a facer o Camiño de Santiago, foi apuñalado nunha coñecida discoteca de Santiago de Compostela. (Dificultade alta)

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 11.

Roleplay interpretación policial 12

A axente de policía Sara González interroga a Peter Scott para tomarlle declaración sobre o ocurrido a noite anterior cando o seu amigo, co que estaba a facer o Camiño de Santiago, foi apuñalado nunha coñecida discoteca de Santiago de Compostela. (Dificultade media)

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación policial número 12.