Roleplays

Roleplay interpretación xudicial 1

Rhys Bateman é un cidadán australiano que estivo de vacacións en Vigo na Semana Santa do 2012. Paseando por Bouzas, foi vítima dun roubo con intimidación.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 1.

Roleplay interpretación xudicial 2

Manuela Rivera foi vítima dun roubo con agresión. Esta é a súa declaración no xuízo onde se procesa aos dous acusados; nela relata como sucedeu todo a noite na que tiveron lugar os feitos.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 2.

Roleplay interpretación xudicial 3

Testemuño dunha garda de seguridade dun estudo de gravación no que se cometeu un asasinato, que declara ver entrar a dous homes no recinto. O asasinato produciuse ás 14:30; a testemuña viu entrar ao acusado no edificio dos estudos a iso das 14:00.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 3.

Roleplay interpretación xudicial 4

John Brown está acusado de danos e prexuízos por danar tres coches e unha porta de garaxe. A situación desenvólvese nun xulgado de Reino Unido, onde un xuíz vai valorar se é culpable ou non e, consecuentemente, imporalle a pena correspondente. Necesitarase a axuda dun intérprete para que a testemuña, unha muller española, poida comprender todo o proceso.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 4.

Roleplay interpretación xudicial 5

Serkan Mermer, cidadán turco ficado en España desde hai un ano, foi acusado do asasinato dunha moza española chamada Katia González Espiñeira. El mantén a súa inocencia a pesar de que todas as probas o incriminan. Imos presenciar o momento no que o imputado procede a declarar.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 5.

Roleplay interpretación xudicial 6

Xúlgase a unha muller española residente en Texas polo presunto homicidio do seu marido.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 6.

Roleplay interpretación xudicial 8

Fragmento do xuízo no que comparecen o cidadán alemán David Anderson, residente en Vigo e acusado de tráfico de drogas, e a cidadá romanesa Ana Sârbu en calidade de testemuña.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 8.

Roleplay interpretación xudicial 9

A moza Sadeowla é unha inmigrante ilegal nixeriana que traballa como prostituta en Vigo. Está acusada de asasinato. Segundo unha testemuña, foi a última persoa que estivo con Antonio Rodríguez, camioneiro que apareceu morto por ferida de arma branca. O cadáver foi achado na madrugada do pasado 15 de febreiro ás 5:00 h no seu camión aparcado nos peiraos do Berbés. A vista do xuízo por asasinato ten lugar na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 9.

Roleplay interpretación xudicial 10

O señor Smith ten unha entrevista coa súa avogada para revisar o seu caso, as causas do seu encarceramento e a súa condena, así como para informarlo das decisións que tomou o xuíz respecto diso.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 10.

Roleplay interpretación xudicial 11

Último xuízo contra John Brooks, sobre o que pesaba unha orde de afastamento polo asasinato da súa muller, Jessica Costell. O fillo do acusado e da falecida comparece en calidade de testemuña debido a que foi o que acudiu ao lugar dos feitos tras recibir unha chamada do seu pai.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 11.

Roleplay interpretación xudicial 12

Declaración de Emily Harrison, acusada do asasinato do seu marido e vítima de malos tratos. A acusada e o falecido son orixinarios de Birmingham, Inglaterra, e mudáronse a España co seu fillo por motivos de traballo.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 12.

Roleplay interpretación xudicial 13

Kenyi Cohen, un mozo surafricano, foi vítima de discriminación racista por parte dun grupo de gardas de seguridade nun tren de camiño ao traballo. Esta é a súa declaración no xuízo celebrado por dita causa no que Cohen comparece como vítima.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 13.

Roleplay interpretación xudicial 14

Melissa Foster é unha estudante de química estadounidense de intercambio que foi acusada de presuntamente asasinar á súa parella sentimental Terry Fawles envelenándoo. O maxistrado procede a tomarlle declaración á acusada durante o xuízo oral do procedemento ordinario sobre as circunstancias do crime e a súa presunta implicación nel.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 14.

Roleplay interpretación xudicial 15

Stephen Jones, un cidadán británico, é xulgado por cometer un delito durante as súas vacacións en España. A vítima, Susan Smith, declara que lle roubou unha cantidade de diñeiro da súa conta bancaria mentres estaban baixo os efectos do alcol.

Preme aquí para ver o texto do roleplay de interpretación xudicial número 15.