Contextualización numérica

Los ejercicios de contextualización de expresiones numéricas contribuyen a desarrollar la capacidad de análisis y escucha. Cuando no es posible que el/la intérprete anote los números en cuanto aparezcan en el discurso o no puede memorizarlos, es necesario recurrir a técnicas de contextualización de la expresión numérica, es decir, la sustitución de la cifra por una reformulación que represente correctamente su magnitud y relevancia, pero que podamos recordar con más facilidad para seguir interpretando con la mayor fluidez y rapidez posible. Por ejemplo, en el caso de cifras como 7 852 258, diríamos «casi ocho millones»; para fechas como 1789, simplificaríamos con «en el siglo XVIII».

Ejercicio 1. Clic aquí para descargar. [ES]

Ejercicio 2. Clic aquí para descargar. [ES]

Ejercicio 3. Click aquí para descargar. [EN]

Ejercicio 4. Clic aquí para descargar. [EN]Estas actividades contribúen a desenvolver o esforzo de análise e escoita. Falamos da denominada “intelectualización de expresións numéricas”. Consideramos, a priori, que é un exercicio extremadamente complexo, xa que, nunha interpretación, é complicado reproducir de forma exacta datos como datas, porcentaxes, medidas e outras expresións numéricas. Este tipo de termos son unívocos; non admiten en ningún caso, xa que logo, sinonimia ou reestruturación. Pola dificultade que supón memorizalos, quen interpreta debe reproducilos inmediatamente ou apuntalos en canto aparezan no discurso.

Con todo, cando isto non é posible, o único medio ao que podemos recorrer é a unha contextualización da expresión numérica, é dicir, a substitución da cifra por unha reformulación que represente correctamente a súa magnitude e relevancia, mais que podamos lembrar con máis facilidade para seguir interpretando coa maior fluidez e rapidez posible. Por exemplo, no caso de cifras como 7 852 258, diriamos “case oito millóns”; para datas como 1789, simplificariamos con “no século XVIII”.

Consultar os exercicios en castelán.